SOMOS

Ola, somos Nacho e Javi, dous urbanitas namorados da Ribeira Sacra.

Hai tres anos, nunha viaxe de pracer, tivemos un frechazo con estas terras que nos levou a cuestionar a forma de vida que levabamos até ese momento. Preguntamos, dubidamos, tenteamos, sopesamos mil cosas e razóns e propuxémonos un cambio radical. Finalmente decidimos deixar a nosa casa e vida profesional en Madrid e aceptar a xestión da Reitoral de Anllo, unha casa solariega típica da zona convertida nun pequeno hotel co encanto e o romanticismo do S.XVIII, e comezar a habitalo como un espazo propio no S.XXI.

Neste lugar despregamos o que somos e o que nos apaixona, e comezamos a compartilo con amigos e hóspedes. Voamos. Nunca pensamos que vivir aquí nos cambiaría tanto…